CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Oleiros, Bueu e Foz

11/08/2019 23:50 h

Novo programa de 'Aquí hai praia' que pescuda os areais galegos para todos os gustos: entornos naturais, praias longas, praias máis pequenas e espazos semiurbanos para gozar dun día de verán percorrendo as tres provincias costeiras. Comezamos na Praia de Santa Cristina, un dos referentes da zona da Coruña, situada no Concello de Oleiros. Ampla e alongada, posúe arboreda ó redor e parque para o descanso e paseo dos máis cativos e maiores. Á súa vez, paseo marítimo e zonas semiurbanas con amplas alternativas gastronómicas e de ocio na contorna. Comprobamos que se trata dun areal moi visitado polos adolescentes, xa que pola súa extensión permite darse un bo chapuzón, xogar ó volei praia e tamén ás típicas pachangas de verán. Os asiduos visitantes son, principalmente, da cidade herculina pola súa proximidade. Na provincia de Pontevedra, visitamos a Praia de Area de Bon, en Bueu, unha praia en forma rectilínea, de area branca e grosa que permite que os praieiros estean tranquilos: as fanecas non están presentes no areal. Inmersa nunha contorna forestal e rural, con bosques que case tocan o mar e con numerosos campos de millo. Destaca por contar cun entorno non masificado, rodeada da ría de Aldán e con vistas a outros areais do limítrofe concello de Cangas. Coñecemos novas alternativas de praias como “o surf de area”, comprobamos o auxe do snorquel e tamén que é un lugar excelente para un bo mergullo, xa que a temperatura da auga é excelente. Moitos turistas pero tamén galegos sobre todo da zona de Vigo optan por este areal como a súa opción preferida para un día de verán. E por último, na Mariña lucense, no Concello de Foz, unha praia semiurbana preto de Burela e próxima ás praias do Cantiño e a Praia dos Alemáns (praia nudista). A súa extensión é de 225 metros por 75 metros, aínda que conta con moita variación de ancho, motivado principalmente polas mareas. De alto nivel de ocupación, atopámonos praieiros da zona, principalmente dos concellos de Foz, Burela e Cervo e tamén visitantes de Madrid, País Vasco e Cataluña, así como outras partes de Galicia. Un lugar ideal para visitar coa pandilla de verán ou tamén como a familia.

Atopar capítulo por: