CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Riazor, Nerga e Lóngara

03/08/2019 19:15 h

Comezamos na Praia de Riazor da Coruña, unha das praias de ámbito urbano máis frecuentadas da cidade, situada ó pé do paseo marítimo da cidade. Un ambiente familiar e cómodo para os coruñeses, que teñen esta praia nun emprazamento céntrico. Apta para practicar o surf e todo tipo de deportes praieiros, forma parte do conxunto integrado pola praia do Orzán e de Riazor, separadas polo dique "A Coiraza", restos da antiga muralla da "Peixaría".

Baixando para o sur de Galicia visitamos a Praia de Nerga, en Cabo Home un espacio natural que forma parte da enseada de Barra, a cala de A Nova e a Praia de Viñó. Esta é a máis visitada pois é a única á que podemos acceder en coche, un verdadeiro privilexio tendo en conta que estar nela é transportarse ao paraíso. Augas transparentes e limpas, área branca, fondos mariños incribles e unhas privilexiadas vistas ás Illas Cíes.

E por último, na Mariña lucense, no Concello de Barreiros, coñecemos a praia de Lóngara. Area branca, ondada forte e de forma rectilínea e situada nunha contorna natural, está situada á beira da punta Corbera, coa típica especie faunística do litoral. Ocupa unha extensión superficial de 3.500 metros cadrados. Unha parte da praia presenta algunhas formacións rochosas. É idónea para a práctica do surf, polo que dispón dunha zona específica para iso durante todo o ano, con cursos durante o verán. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: