CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Ao aire libre

02/07/2016 15:30 h

Coa chegada do bo tempo, as actividades ao aire libre convérsense, sen dúbida, na forma favorita de ocio, especialmente en Galicia, onde os rigores do tempo impiden moitas veces gozar deste xeito de entretemento.

“Vivir Aquí” interésase polas distintas formas de compatibilizar natureza e deporte no tempo de verán. Así, propón percorridos que permiten gozar da paisaxe, tonificar o corpo e coñecer lugares novos. Ir de Marín a Moaña en cabalo, percorrer a distancia que separa o Ulla do Deza en quad, baixar o Miño en canoa e percorrer a costa do Grove en barco son as rutas que realiza “Vivir Aquí”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: