CRTVG

Buscar

O gato con botas

Antonio Vázquez Liñeiro

02/05/2018

“O Gato con Botas” reúnese na Coruña cun artista urbano capaz de reinventar espazos, Antonio Vázquez Liñeiro. Pintor, deseñador urbano, melómano... un artista total. Así é Liñeiro, un coruñés que desde pequeno soña con reconstruír a cidade a través do debuxo desde a súa casa do barrio de San Luís.
Autodidacta e polémico, Liñeiro faise un oco no mundo do urbanismo e chega a asinar varias das obras máis senlleiras da arquitectura moderna da Coruña, entre elas o Palacio da Ópera. 
Para esta edición do programa, abre as portas do Grupo TAU, do que é o seu fundador e co que realizou proxectos en diferentes países. Actualmente recibe encargos de todo o mundo e dise que non hai proxecto que pase do millón de euros que non se lle consulte. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: