CRTVG

Buscar

Galegos

Antía Cal

10/05/2014 20:00 h

  A mestra Antía Cal creou a escola mixta e bilingüe Rosalía de Castro nos anos 60 en Vigo para poñer en práctica as teorías pedagóxicas máis avanzadas de Europa.

  Cal segue convencida de que os nenos aprenden desde os 0 anos e fano principalmente uns dos outros. O mestre ten que ser moi respectuoso e paciente con eles, acompañándoos nos descubrimentos que vaian facendo, e debe ter presente que todos os nenos son distintos e que maduran a ritmos diferentes. Segundo ela, o bo mestre debe adaptarse a que cada alumno é como é e ten a familia que ten.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: