CRTVG

Buscar

Documental

Ano Gaos

03/05/2019

Andrés Gaos foi un violinista, compositor, director e docente galego que naceu na rúa do Orzán, na Coruña, un 21 de marzo de 1874 nunha familia con moita tradición musical. A súa obra compositiva conta con máis de 70 títulos incluíndo repertorio escénico, orquestral, pianístico, para violín, para violoncello, e para voz e piano.

Este documental de divulgación pretende dar a coñecer a figura do músico coruñés dende un punto de vista histórico, polo que será apoiado co coñecemento e materiais do grupo de investigación da USC Organistrum. O especial tratará os temas de Gaos coma intérprete e concertista, denda da sua infancia a sua edad adulta; Gaos coma compositor, docente, as súas relacións familiares, as amizades cos músicos coetáneos, a súa unión con Arxentina e, por su posto a vida en Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: