CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 317: 'Animando a Sara'

11/10/2019 13:17 h

Laura, que xa tivo abondo coas normas ditatoriais do seu defunto Román, non atura as maneiras, cada vez máis semellantes, que emprega Marcos. Se cadra a solución é marchar, pero para María a cousa non é tan doada. Marcos é o home que ela escolleu e nin sequera lle pode contar que está moi preocupada porque non sente moverse o bebé.

Mentres, as prioridades de Tomás mudan cando se decata de que Laura non ten claro se é con el con quen quere estar, así que quere poñer terra de por medio e venderlle a súa parte na empresa a seu pai. Pero Marcos ten un interese especial en facerse coa totalidade de Cárnicas Santalla, o que fai sospeitar a Freire. Por que quere posuír Marcos unha empresa na ruína?

 

Atopar capítulo por: