CRTVG

Buscar

De quen vés sendo?

Animais

19/01/2014 15:30 h

Así, os espectadores descubrirán como no municipio lugués de Carballedo hai vacas que levan por nome Vixilia, Sudoka ou Carroucha. Máis ao norte, en Ortigueira, é tradicional que as xentes “bauticen” os cabalos. A presentadora de “De quen vés sendo?, Marta Doviro, coñecerá algúns equinos de nomes toponímicos, como Eume o Muras, e intentará converterse en amazona. 

Non lonxe de alí coñecerá a Antón, un porco de Espasante que foi indultado pola comisión de festas. Pero como Antón, hai nomes de animais que levan nome de persoa e tamén hai persoas con nomes, ou máis ben apelidos, de animais. A este respecto Marta andará por varias bisbarras galegas para finalmente atopar un Pato, un Gato e un Pita. Ademais, “De quen vés sendo?” descubrirá se Xose A. Touriñán, o coñecido humorista e presentador da TVG, ten ou non algo que ver cos touros ou cos bois.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: