CRTVG

Buscar

Nin fadas, nin princesas

Anfitrioa: Rosa Mari de Dozón

07/03/2015 23:30 h

As concursantes do programa “Nin Fadas Nin Princesas” visitan esta semana o “ceo” de Rosa Mari. Na pequena localidade pontevedresa de Donón, as rapazas gozan das impresionantes vistas da súa casa e das actividades que ten preparadas para elas.

O mar é un dos grandes protagonistas, xa que a anfitrioa é unha grande afeccionada á pesca. Para comezar, unha viaxe en barco desde Vigo pon en situación as concursantes. Rosa Mari destaca pola súa enerxía e o seu sentido do humor, que intenta contaxiar ás súas compañeiras cunha peculiar clase de teatro. As rapazas teñen que soltarse e perder a vergoña, pois hai puntos en xogo.

Para a cea, Rosa Mari prepara unha ambientación típica e pesqueira, en que non faltan redes como decoración e cuncas para o viño. Como non podía ser doutra forma, os sabores do mar caracterizan o menú. Percebes, navallas e empanada caseira para ir abrindo boca e, como prato principal, un polbo á feira que pescou ela mesma e que reservou con moito mimo para este día. Para rematar, a sobremesa é un doce en forma de rosa.

Está claro que Rosa Mari ten preparada unha xornada moi animada e con moitos sorrisos, pero é isto suficiente para converterse na mellor anfitrioa de “Nin Fadas Nin Princesas”?

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: