CRTVG

Buscar

Comando chef

Programa 21: Andoni Aguirregomezkorta

11/09/2010 21:38 h

A sorpresa e a emoción chegarán un sábado máis á Televisión de Galicia da man de "Comando Chef", o programa que cada semana "asalta" unha casa anónima para presentarse, sen avisar, coa intención de preparar unha cea e poder compartila cun famoso.

O comando do programa desprazarase hoxe á cidade de Ourense coa misión de levar a cear a Andoni Aguirregomezcorta á casa de Otis, un mozo empresario e creativo dunha marca de camisetas galega cuxo frigorífico será asaltado polo equipo de "Comando Chef" para preparar un menú en que só se poderá utilizar o material que nese momento haxa na cociña.

Otis é un gran fan do programa da ETB2 "Vaya semanita" e "Comando Chef" púxose mans á obra para sorprendelo coa presenza na súa enorme casa do protagonista e presentador dese espazo.

O traballo de Andrés Arzúa e Rafa Durán, os dous uns expertos na materia, será fundamental para superar con éxito a proba desta noite, mentres Aurora Asorey, a terceira do comando, encargarase de acondicionar o comedor e preparar a mesa.

Unha cea magnífica, con produtos galegos e outros importados de Navarra, agarda os protagonistas e o equipo do programa que vivirán unha inesquecible velada coroada coa invitación a licor café do anfitrión, da que serán testemuñas os espectadores da Galega.

O menu estará composto por: Timbal de Verduras con Queixo de Ovella, Solombo con Paté e Reducción de Viño Torrado e Galletas con chocolate e mel.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: