CRTVG

Buscar

Inimitables

Ana Kiro

06/09/2016 22:00 h

Ao facer seis anos da morte de Ana Kiro, Inimitables repasa a vida e o mito dunha muller que foi moito máis que a raíña das romarías e das cancións para os emigrantes. No programa, coñecemos unha artista que reivindicaba o uso do galego na industria musical, e o papel da muller nela.

Inimitables transcorre na casa de Ana Kiro en Mera, e inclúe conversas divertidas e cheas de emoción dos seus achegados, lembranzas persoais que completan a súa biografía máis alá dos platós de televisión e dos escenarios. 

As cancións máis coñecidas de Ana Kiro soan na súa propia voz e tamén interpretadas polos artistas convidados: Lucía, Eva Iglesias, Tonhito de Poi e Marietta e Fernando Marán

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: