CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 5: Amsterdam

29/07/2010 22:30 h

Partindo de que o pobo galego non ten fronteiras nin se puxo límites á hora de partir, pódense atopar galegos polo mundo adiante -máis de 300.000-, nos recunchos máis afastados e atendendo as facetas máis diversas. Para reflectir esta realidade, "Galegos no mundo" achéganos as olladas de todos aqueles cidadáns que tomaron o mundo por bandeira, como os de hoxe, que atoparon unha vida nova na urbe das canles, das pontes e das bicicletas, na que conflúen sen conflito o gusto polo tradicional e polo moderno, Ámsterdam.

O equipo do programa estará hoxe acompañando a seis galegos que se estableceron na "Venecia do norte", internándose nas súas vidas e motivacións, como os casos de Fernando Sabajones, que nos amosa o seu restaurante galego, o primeiro da cidade, no barrio Vermello de Ámsterdam; Javier Paz, arquitecto de Sada que nos descobre a singularidade do urbanismo holandés; Lucía Cortiñás, unha ourensá que traballa de operadora de vídeos nunha televisión local; Blanca López, unha violonchelista coruñesa no conservatorio que acolle os maiores talentos do mundo; Concha Picón, estudante viguesa que cursa un máster en Dereito Internacional, e Lydia Castro, unha bióloga molecular de Ourense que chegou á cidade por amor.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: