CRTVG

Buscar

Como galegos!

Ali Ali, Becky e Iván

05/03/2016 11:30 h

O representante do Mediterráneo será Ali Ali, un artista sirio que amosará os contos e as olladas de Oriente Próximo. O espazo da TVG acudirá á súa “cova” da Coruña, lugar onde debuxa os ollos e as cores da súa infancia.
Dos protagonistas do “Como Galegos!” desta semana, a que cruzou máis océanos é Becky, que deixou atrás Australia, o Índico e o Pacífico. No Atlántico atópase coma na casa. Becky é unha superwoman do século XXI: vai correr coas amigas, coida da familia e dirixe o centro de linguas máis importante de Bergantiños. 
E directo do Caribe vén Iván, unha das caras máis coñecidas da verbena galega, un venezolano que chegou a Galicia hai máis de 21 anos e que é recoñecido coma o patriarca dos artistas latinoamericanos na nosa terra.

Atopar capítulo por: