CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Alberto Vilas / Pulpiño Viascón / Sam Roberts Band / O documental de The Doors

01/10/2014 21:00 h

 Pilar G. Rego entrevista ao pianista e compositor Alberto Vilas, que ten pasado por moitos estilos e bebido de diversas fontes, o que se reflicte na súa música, chea de influencias da clásica, o jazz, o folk ou o rock. Co seu quinteto habitual, acaba de presentar o seu segundo traballo discográfico, “Crónica cromática”.

 O polifacético Pulpiño Viascón, despois de sorprender coa súa interpretación do serrón, acaba de descubrirlle ao mundo a primeira muiñeira gravada cunha Gameboy.

 Entre os distintos concertos da axenda musical galega, destaca o que ofrecerá en La Iguana Club de Vigo Sam Roberts Band, dentro do ciclo Galicia Importa. O grupo canadense, cuxo debut foi o disco independente máis vendido da historia do seu país, están a presentar en España o seu último traballo, “Lo-Fantasy”.

 Na sección “Fondos Reservados”, Moncho Lemos fala do documental perdido de The Doors, o filme “Feast of Friends”, autoproducido pola banda, que verá a luz 46 anos despois. A película, completamente remasterizada, recolle a súa vida na estrada na xira do verán do 68, mesturando imaxes de concertos con outras detrás dos escenarios.

Atopar capítulo por: