CRTVG

Buscar

Sen barreiras

Alberto Seoane, FreshCut, Aixiña e Manuel Ríos

18/04/2017 11:45 h

Nesta entrega, coñecemos a Alberto Seoane, un deportista profesional que pode presumir de estar entre os mellores do mundo en tenis de mesa.

O programa visita en Vigo Frutas Nieves, unha empresa familiar que nos presenta FreshCut, o seu centro especial de emprego: unha compañía dedicada á investigación e desenvolvemento, elaboración e comercialización de produtos a partir de froitas, verduras e hortalizas frescas.

En Ourense está Aixiña, unha asociación con servizos para múltiples discapacidades, que conta con máis de trescentos cincuenta socios.

E por último, o programa dá eco a historia de superación de Manuel Ríos, dun piloto de rally, que ten claro que aínda que na vida pode haber dificultades, hai que afrontalas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: