CRTVG

Buscar

Casamos!

Alba e Iván

22/01/2013 22:45 h

Os preparativos nupciais da parella formada por Alba e Iván, dous mozos estradenses que son a mellor proba de que a idade non importa ante o desexo de querer casar. Nada máis estrear a vintena, prepáranse para dar o gran paso, aínda que a Alba o de casar cedo xa lle vén de familia.

 Como fixeron moitos antes, esta parella de mozos decidiu buscar un futuro lonxe das súas casas, pero sempre tendo claro que virían contraer matrimonio á terra que os viu nacer, A Estrada. O encontro coa familia que deixaron atrás fará que as emocións e a morriña dominen a última semana de preparativos, antes de converterse formalmente en marido e muller.

Atopar capítulo por: