CRTVG

Buscar

Alalá

Alalá 2008 (Nadal I)

29/12/2008 22:05 h

Facemos un repaso polos programas do 2008. Por un ano cheo de viaxes e de bos momentos. Desde a música galega na Arxentina e no Uruguai ata os gaiteiros da Fonsagrada. Dos grupos novos que experimentan coa tradición ás pandereteiras maiores que seguen cantando exactamente igual a como o facían as súas avoas. E neste ir e vir, sempre aprendendo. As tradicións, os vellos oficios, ou as ensinanzas que a vida deixa concentradas en frases cargadas de sentimento.

E por suposto, a música e o bo humor. As ganas de facer festa en calquera lugar. Desde os furanchos nos que se xunta hoxe a mocidade para tocar e bailar nas cortes nas que noutrora se facían os seráns.

Os mellores momentos do Alalá para despedir un ano que deu moito de si.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: