CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Aguieira, Raeiros e Area de Bon

09/09/2018 23:20 h

O programa estará nesta ocasión na praia da Aguieira, en Porto do Son, unha das preferidas polos amantes do windsurf e kitesurf, que cada ano recalan nela con máis asiduidade. Nela desembocan os ríos Cans e Quintáns. Nun dos seus extremos conta cun embarcadoiro pertencente a unha antiga fábrica de salazón, que os cataláns trouxeron a Galicia.
Desde a Barbanza, “Aquí Hai Praia” viaxará ata a comarca do Salnés, onde visitará a praia de Raeiros, no Grove. É un areal en forma rectilínea, de area branca e fina, e sitúase nunha contorna rústica, próxima á inmensa praia da Lanzada.
Por último, tamén na provincia de Pontevedra, a TVG estará na praia de Area de Bon, en Bueu, inmersa nunha contorna forestal e rural, con bosques que case tocan o mar e con numerosos campos de millo. Destaca por contar cunha contorna non masificada, rodeada da ría de Aldán e con vistas a outros areais do limítrofe concello de Cangas. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: