CRTVG

Buscar

Galicia On

Adegas Celeirós e Rosal de Terras Gauda

31/03/2017 12:00 h

Este venres, o programa “Galicia On” indaga nas claves do éxito de dúas empresas vinícolas innovadoras da zona das Rías Baixas. A primeira delas é Adegas Celeirós, un proxecto baseado na produción de viños galegos con métodos tradicionais e artesanais, pero co uso de técnicas innovadoras. Un exemplo disto son as esferificacións de albariño, un produto único elaborado a partir do famoso caldo e que imita a forma do caviar, explotando no padal cando se masca. A segunda, Rosal de Terras Gauda, amosará aos espectadores o valor do i+D, a importancia da cartelería de promoción e o enoturismo para diferenciar o produto vinícola. Estas dúas empresas con arraigada tradición invisten en investigación e innovación nun importante sector para Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: