CRTVG

Buscar

Actualizad@s

Capítulo 71: "A vida é ritmo"

22/04/2012 23:45 h

Hai xente que leva o ritmo no corpo e non pode vivir sen bailar, tocar ou cantar. Este domingo, “Actualizad@s” percorre Galicia na procura de vidas anónimas que se moven ao compás da música.
Kike Peón leva 27 anos dirixindo Xacarandaina, unha agrupación folclórica que neste momento está a preparar un espectáculo sobre a emigración galega, que levarán polo mundo. Os reporteiros do programa achéganse á Coruña para compartir a vida cotiá cos seus membros, xentes de todas as idades que fan recolleita de pezas tradicionais polos pobos de Galicia.

Tamén se desprazan á Ramallosa para coñecer a Glori e Mai, unhas xemelgas que viven a ritmo de gaita. Na casa familiar, a música e o baile son unha constante. Mestras de gaita e baile, ensaian un grupo de mulleres pandereteiras do Rosal e deleitan cada día a súa avoa centenaria cunha peza tradicional.

Todos os venres, Os Estalotes percorren as tascas do barrio compostelán de San Pedro. Cantan de balde a cambio da consumición xa que, coa súa presenza, a troula está garantida. “Actualizad@s” acompáñaos nesta ruta tabernaria de viños, tapas e moito ritmo.

O programa do domingo complétase coa historia de Fabinho, un contramestre de capoeira que aprende a súa arte nas Rías Baixas; e a dos clientes de Luces de Bohemia, unha cafetaría do centro de Vigo que ofrece clases de baile para maiores de 50.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: