- RONDALLA DE ARES E MUGARDOS: Manolo é o encargado de portar a bandeira dos Trovadores de Ares. Dende que se xubilou, cantar nesta rondalla converteuse no seu divertimento favorito. Acompañámolo nunha xornada de ensaio polo paseo marítimo onde coñeceremos outros integrantes da formación. Para rematar, imos con todos eles "de bares" para falar de vivencias, inquedanzas e, sobre todo, da eterna rivalidade que manteñen coa rondalla veciña: a Mugardesa.
- RONDALLA "BENFEITA" DE MONFORTE: A Benfeita de Monforte naceu nos anos 50,un momento no que a vila contaba cunha ducia de rondallas. Topámonos conRoberto, o seu presidente e membro fundador, que lembra con nostalxia aquelestempos. Coma o resto de integrantes do grupo, está xubilado e combina aguitarra coa súa outra gran paixón: o xadrez. Acompañámolo ata un ensaio ondecoñecemos os seus compañeiros de batalla. Entre eles está o avó de RosaCedrón, director musical que toca o laúde; e un vello maquinista, amante do ferrocarril.
- RONDALLA DE CARIÑO: Na Rondalla de Cariño hai xentes de todas as idades. Achegámonos á vida cotiá de Marisa, profesora de música e directora; á deTomás Ferreiro, un xubilado de 73 anos amante dos grandes paseos que canta naformación: á de Lucía Fraguela, estudante de 18 anos que toca a bandurria; á de Manolo, que toca a guitarra; ou a dunha redeira que toca o laúde.
- CHARANGA TÁMEGA: No ano 2004, un grupo de mozos de Verín montou a Charanga Támega para divertirse e, ao mesmo tempo, gañar algúns cartos. As festas deverán son o seu forte. Comezamos con Jorge, o cantante, un perruqueiro de 25 anos que nos convida a coñecer o seu negocio. Dende alí partimos cara orestaurante dos seus pais onde topamos o irmán, Agustín, membro do grupo efuncionario; Yoni, trompetista profesional; e Juan Luís, bateríauniversitario. Despois acompañámolos ata o ensaio.
- TUNA VETERANOS CORUÑA: Xoán Manuel é un home activo: vive con paixón o seu traballo na Coruña e, ademáis, conta cunha chea de afeccións: o paracaidismo,o aeromodelismo e a música. Pero o seu sinal de identidade máis auténtico é ser un dos integrantes da Xoán Manuel é un home activo: vive con paixón o seu traballo na Coruña e, ademáis, conta cunha chea de afeccións: o paracaidismo, o aeromodelismo e a música. Pero o seu sinal de identidade máis auténtico é ser un dos integrantes da tuna, durante o ensaio dos martes.
Valoración
