CRTVG

Buscar

Bamboleo

Programa 72

26/07/2014 22:00 h

 Visita o programa o cantante Moncho, coñecido como o Rei do Bolero e apreciado pola súa interpretación deste xénero en España e Latinoamérica. Ao longo da súa traxectoria de máis de 40 anos no mundo da música, leva gravado máis de 30 discos de boleros en castelán e catalán

 O espazo da TVG tamén conta coa actuación da artista galega Eva Carreras, lembrada polo seu paso por un coñecido concurso de talentos musicais, e da Orquestra Televisión.

 Por outro lado, nas seccións habituais do programa, “Agora ou nunca”, amosa o potencial artístico de Romina Rial, co tema “Flashdance”, de Irene Cara; e o de Santiago González, que interpreta “Unha noite na eira do trigo”. En “Canción dedicada”, Elisa e Benjamín, de Ourense, contan a súa historia sentimental; mentres que en “Faino ti”, José Antonio e Alberto, de Buño, intercambiarán as tarefas domésticas. Ademais, na “ITV do amor”, o público ten que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, e parellas de distintas xeracións bailarán na sección “Dirtidansi”.

Atopar capítulo por: