CRTVG

Buscar

Luar

Abraham Mateo / José Manuel Soto / Camela

04/04/2014 22:00 h

 “Luar” conta coa presenza no escenario do ídolo de masas Abraham Mateo, que, con só 15 anos, é a gran promesa do pop, non só español, senón tamén mundial. Os seus fans amoréanse nas redes sociais e xeran unha actividade frenética a cada novo paso do cantante.

 Os espectadores da TVG tamén poden gozar coa actuación de José Manuel Soto, un dos maiores expoñentes da canción lixeira con aires de rumba de finais dos anos 80 e 90. O artista andaluz debutou en 1984 e desde entón publicou 18 discos e ofreceu máis dun milleiro de concertos.

 O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro tamén recibe a visita do grupo Camela, creador e precursor do estilo bautizado nos anos 90 como techno-rumba. Esta formación é un emblema da música española, pois, sen a aceptación da crítica nin o apoio dos medios, converteuse nun dos grupos máis vendedores de todos os tempos.

 Como cada semana, habi tempo para o folclore e a música tradicional, que desta volta estará representado pola Banda de Música de Caamaño, os Cantareiros da Asociación O Rumial, Xacarandaina e o Ballet Folclórico Colores de México.

 Ademais, é unha noite de charangas en “Luar”, xa que a Compostela, a DGT, a Mecánica e Os Jalácticos uniranse para homenaxear a Charanga NBA, unha das clásicas de Galicia.  

  Hai unha nova rolda dos concursos “Vai de Gaita”, coa competición entre Jandro Barciela e Santiago Lage, e “Recantos”, que enfronta nesta ocasión a David Fanego, da Terra Chá, con Iria, procedente da Costa da Morte.

  O programa xira arredor das comidas raras, curiosas ou repugnantes que se comían antigamente en Galicia ou que se seguen comendo, desde cristas de galo ata filloas de sangue.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: