CRTVG

Buscar

A vida do mercado

Cap. 8. As Travesas de Vigo (17/03/2012)

17/03/2012 15:30 h

 Explorar a vida dos mercados é internarse polas súas historias de cada día e pola xente que habita en cidades e vilas, como ocorre hoxe ao entrar no mercado das Travesas, unha praza que chama a atención polo seu aspecto de mercado do século XXI, moderno e dinámico, que aposta polo futuro. Situado no barrio das Travesas, en pleno centro de Vigo, o seu xerente, Delmiro Hermida, contaranos o plan de rehabilitación e o proceso de modernización para convertelo en referente comercial do centro da cidade.

    Unha característica constante dos vendedores desta praza é o entusiasmo e ilusión que transmiten no seu traballo, como o caso de Roberto Roqueiro, un carniceiro que nos falará do importante que é para el comprar o gando vivo e sacrificalo para a venda; desta forma ten un coñecemento profundo das características do animal, o que lle permite transmitir seguridade aos seus clientes.

  Ao ser Vigo un dos portos pesqueiros máis importantes de Europa, coñeceremos dúas peixeiras de toda a vida, Laura Carrizo e Chuca Martín, que teñen os seus postos contiguos e pasan máis horas xuntas que coa súa familia. Uns elementos moi peculiares que resaltan na mesma entrada do mercado son uns acuarios situados ao longo de todo o corredor central, así que visitaremos a súa exclusiva tenda de peixes decorativos, un dos poucos sitios de España onde venden peixes disco, que el trae de Malaisia e o Amazonas. 

Atopar capítulo por: