CRTVG

Buscar

A Solaina de verán

A Solaina de verán. Programa 68 (29/09/2011)

29/09/2011 17:30 h

O programa “A Solaina de Verán” asistirá hoxe ao Encontro a Vela Apem-Aspadex, que se desenvolve en augas de Corcubión. Este programa especial, organizado polo club marítimo Carrueiro e pola escola de vela Cataventos, ten como obxectivo achegar os deportes náuticos ás persoas con discapacidade e ofrecerlle a experiencia da vela á xente que normalmente non lle é doado acceder a este tipo de deportes.

 Por outro lado, os reporteiros do programa visitarán na Coruña unha tenda especializada en puericultura, que agora incorporou unha sala de lactación para que todas as nais que o desexen poidan darlle o peito ao seu bebé e tamén cambialo.

 Xa no estudio do programa, haberá tempo para falar das familias monoparentais, do seu día a día e das dificultades que atopan; e da volta á programación da Televisión de Galicia do espazo de humor “Land Rober”, que esta noite comeza unha nova tempada comandado outra vez por Roberto Vilar. Finalmente, a música será esta tarde cousa da cantante Ana Puente.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: