CRTVG

Buscar

A Solaina de verán

A solaina de verán. Programa 37

17/08/2011 17:15 h

Día de exteriores para todo o equipo de “A Solaina de Verán”. Esta xornada, o programa trasladarase ao completo ata Mondoñedo. A praza da vila mindoniense converterase esta tarde no escenario da Televisión de Galicia, por onde pasarán os seus veciños, que serán recibidos polos colaboradores Xacobe e Carme Arias que, xunto cos presentadores Sonia López e Ricardo Pardo, exercerán de anfitrións.

Algúns dos convidados mindonienses que estarán con todos os espectadores da Televisión de Galicia serán: Manuel Montero, coñecido como o Mago Merlín de Mondoñedo; Arturo Bello, Leonor Justo e Uwaldo achegarán a gastronomía das Terras de Miranda; Teresa Recalde é unha das mulleres emprendedoras da zona porque foi a primeira en envasar a famosa faba de Lourenzá; Edelmiro, o último muiñeiro da zona, e Alberto Geda, o zoqueiro de Alfoz, entre outros.

Todos estes contidos estarán mesturados con boa música e baile en directo, como a da Asociación Folclórica e Cultural A Subela e a da Banda de Música de Mondoñedo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: