CRTVG

Buscar

A Solaina de verán

A solaina de verán. Programa 31

08/08/2011 17:15 h

Esta tarde “A Solaina de Verán” buscará parecidos razoables. Algúns anónimos descobren un día que a xente os para pola rúa porque os confunden con algún famoso. Hoxe, o programa da Televisión de Galicia, que presentan Sonia López e Ricardo Pardo, contará coa presenza dalgúns galegos que presentan parecidos razoables con actores galegos e con personaxes históricos.

Outro convidado que se achegará esta tarde, ata os estudios da TVG, é o actor galego Rubén Riós.  O seu apelido artístico coincide coa vila ourensá de onde é natural. O actor vén ata “A Solaina de Verán” para falar dos seus proxectos e tamén para promover a Gala do Audiovisual, que se desenvolverá o vindeiro sábado, 13 agosto, na súa vila de Riós. Un evento que naceu no ano 2008 co obxectivo de facerlle chegar ao público a calor de grandes talentos e personalidades do panorama audiovisual galego.

Como todos os días, o programa fará unha conexión en directo con algunha vila ou cidade galega. Nesta ocasión será con Vila de Cruces, mergullada de cheo nas festas da Piedade. A música nesta edición de “A Solaina de Verán” será a de Alba Mesa.

Atopar capítulo por: