CRTVG

Buscar

A Solaina de verán

A solaina de verán. Programa 30

05/08/2011 17:15 h

“A Solaina de Verán” remata a semana asistindo a unha das festas do verán galego: a Festa do albariño de Cambados. Amais de acompañar unha cata de viño entre as adegas presentes nesta edición, o equipo do programa tamén estará con membros do Club de Motos Vellas do Salnés, que organizan unha concentración e coa Asociación Cultural Con de Xido.

Tamén o programa, que presentan Sonia López e Ricardo Pardo, achegará un avance de moda galega para outono e inverno. Na pasarela de “A Solaina de Verán” estarán presentes os deseños de Guerral, TMX, Blancott; Florentino, Siempre es Viernes e Marga Nova.

A música da presente edición porana Los Pablos e o grupo Familia Caamaño, que participarán no Festival Brincadeira de Ordes.

Atopar capítulo por: