CRTVG

Buscar

A Solaina de verán

A Solaina de verán. Programa 28

03/08/2011 17:15 h

Arteixo será esta tarde a localidade desde onde un equipo de “A Solaina de Verán” conectará, en directo, para dar a coñecer a súa xente e distintas curiosidades sobre o concello. Os protagonistas da presente edición serán Narciso Vázquez, un coleccionista que posúe obxectos valiosos como gramolas ou unha das primeiras máquinas de escribir; Mijail Moriatov, un violista ruso que desde hai anos elixiu Arteixo para vivir; como foi o seu periplo ata instalarse nesta localidade coruñesa e como é a súa vida actualmente en Galicia serán algúns dos temas que lles achegará aos espectadores do programa que presentan Sonia López e Ricardo Pardo.

 De onde é a galiña de Mos? De San Xulián de Mos, en Lugo ou do concello pontevedrés de Mos? Esta tarde, un faladoiro con criadores de ambos lugares explicarán as características principais desta raza autóctona e como se produce a crianza desta especie.

E, ademais hoxe no plató de “A Solaina de Verán” elixirán a canción do verán. Catro temas dos máis escoitados, de todos os tempos, durante a época estival serán defendidos por Tania Fuegho e María Chenlo, entre outros artistas, e un xurado composto por Pepe Capelán e Lito, da Orquestra Panorama.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: