CRTVG

Buscar

A Solaina

A Solaina (22/05/2012)

22/05/2012 16:30 h

O programa “A Solaina” vivirá hoxe en directo as festas de Santa Rita, a patroa de Vilagarcía de Arousa. Nesta festividade, miles de romeiros de toda Galicia acoden a venerar a imaxe de Santa Rita de Casia que se conserva no convento de Vista Alegre e que está considerada como avogada dos imposibles. Nesta celebración, de marcado carácter relixioso, é protagonista a multitudinaria procesión que esta tarde percorrerá as principais rúas da vila, pero tampouco faltarán o habitual mercado de época, as verbenas e as actuacións a pé de rúa para todos os públicos.

Por outro lado, os espectadores da TVG poderán coñecer a denuncia de Concepción Abal, unha veciña de Caldas de Reis que recibiu dúas multas de seu home meses despois de que el morrese, con sancións de radar por exceso de velocidade. Ademais, “A Solaina” ofrecerá unha exhibición de traxes de comuñón e contará coa actuación da Asociación Cultural Trepia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: