CRTVG

Buscar

A Solaina

A Solaina (21/03/2012)

21/03/2012 18:00 h

    “A Solaina” farase hoxe eco do Día Mundial da Síndrome de Down, unha celebración que ten como obxectivo concienciar sobre a situación das persoas afectadas por esta alteración xenética e a súa esixencia de exercer todos os seus dereitos en igualdade, incluído o acceso ao mercado laboral. O programa contará co testemuño de Miguel Pérez, un masaxista con Síndrome de Down; e de seu pai, Manuel Pérez.

 Os espectadores da TVG tamén terán hoxe ocasión de achegarse a unha nova disciplina, a gastrosexoloxía, que trata de explicar os mecanismos de excitación que subxacen e inflúen no pracer que proporciona o mundo da gastronomía. A psicóloga e sexóloga Mónica Novas, especializada nesta materia, explicará o papel que teñen a cociña e a comida como elemento de excitación sexual.

 Por outro lado, “A Solaina” viaxará en directo ata a localidade pontevedresa de Cambados, onde se celebra a romaría de San Bieito de Inverno, unha cita de gran tradición na comarca, á que cada ano asisten numerosos devotos para ofrecerse ao santo na curación dos seus males cutáneos.

 Ademais, o programa ofrecerá a actuación da cantante e compositora chilena Pascuala Ilabaca, a quen sempre acompañan o acordeón e o piano; e unha nova exhibición da parella de baile formada por Manuel Trillo e Anastasia Zhitova.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: