CRTVG

Buscar

A Solaina

A Solaina (17/10/2011)

17/10/2011 17:00 h

Esta tarde a vila de Lalín e os seus veciños serán os protagonistas de “A Solaina”. Nunha primeira conexión, atenderase unha nova iniciativa na comarca, unha escola de béisbol, promovida pola Asociación Venezolanos de Deza. Virgilio é o encargado de aprender aos rapaces os segredos e a práctica deste deporte. Ao longo da emisión do programa outro dos asuntos que chegarán en directo desde Lalín será a homenaxe, que se desenvolverá o vindeiro 23 de outubro, coa que os gaiteiros de Piloño queren renderlles aos seus antecesores.

Desde o estudio do programa, ofrecerase unha clase de Bailo-fit, unha nova modalidade para facer deporte que produce un acondicionamento cardiovascular con beneficios a nivel osteomuscular, elimina o estrés acumulado e mellora a socialización dos participantes.
L

Atopar capítulo por: