CRTVG

Buscar

A Solaina

A Solaina (12/.4/2012)

12/04/2012 18:00 h

    Os espectadores do programa “A Solaina” poderán asistir hoxe en directo en Santiago a un obradoiro de cociña gourmet para convidados que organiza a escola de cociña Hellocooking, que ofrece un servizo diferente de ocio, aprendizaxe e restauración para darlle resposta á cada vez máis ampla demanda de público que busca entrar no apaixonante mundo da gastronomía.

    Ademais, coa axuda dunha representación dos seus organizadores, o espazo da TVG ofrecerá un avance da Festa do viño da Ulla, que se celebrará o vindeiro domingo na parroquia de San Miguel de Sarandón, no concello coruñés de Vedra. Nesta exaltación, durante a xornada e ata ben entrada a noite, consómese moito viño, cómese e gózase da música de diferentes grupos folk, bandas e charangas. Ademais, pódese beber de balde o viño situado nunhas botas xigantes penduradas dunhas árbores, que son precisamente o atractivo e o símbolo da festa.

    A música deste xoves en “A Solaina” correrá a cargo de do grupo vigués de powerpop Maryland, que volve aos escenarios para amosar a súa tendencia natural a buscar os medios tempos, deixando claro que onde mellor se manexan é nos cortes lentos e profundamente melancólicos.

Atopar capítulo por: