CRTVG

Buscar

A Solaina

A Solaina (12/03/2012)

12/03/2012 18:00 h

O programa “A Solaina” recibirá esta tarde a visita de Alejandro Mínguez e Isabel Mociño, dous ourensáns que viaxaban no transatlántico  “Concordia”, encallado en xaneiro en Italia, e que agardan un fillo concibido en mar aberto tras un ano de intentos. A parella relatará a súa traumática experiencia, que neste caso cambiou as súas vidas para ben.

 O espazo da TVG tamén terá como convidado o presidente do Instituto Coca-Cola da Felicidade, Carlos Chaguaceda, quen falará do II Congreso Internacional da Felicidade que se celebrará en abril en Madrid. O evento contará coa participación de personalidades destacadas do mundo científico, social e artístico, que, a través das súas experiencias e coñecementos, ofrecerán as claves para conseguir unha vida feliz e saudable.

 Por outro lado, “A Solaina” visitará en directo o IES Fragas do Eume, en Pontedeume, onde a semana pasada se desenvolveu o Concurso de cociña e coctelería Javier Rodríguez Moldes, unha cita obrigada para os centros de hostalaría da comunidade. Os espectadores da Galega coñecerán hoxe os pratos finalistas do concurso e saberán como elaborar cócteles sans para os menores.

 Ademais, como cada luns, Santiago Pemán achegará a súa predición meteorolóxica para toda a semana; mentres que a música en directo será cousa de Patricia Castro, concursante da primeira edición do concurso “Recantos” do programa “Luar”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: