CRTVG

Buscar

A Solaina

A Solaina (10/01/2012)

10/01/2012 18:00 h

O programa “A Solaina” desprazarase hoxe en directo ata o parque compostelán de Belvís, onde cada martes pola tarde se organiza un mercado ecolóxico, con produtos tradicionais e de temporada, cultivados de xeito natural, en que se fomenta o consumo responsable. Neste mercado, denominado “Entre lusco e fusco”, hai diferentes postos, a maioría de alimentación, aínda que tamén se poden atopar plantas e artigos de artesanía.

    O espazo da Televisión de Galicia recibirá no estudio as integrantes da nova compañía Inquietas, dedicada a producir eventos artísticos. Formada por un grupo de amigas e artistas, entre as que se inclúen unha fotógrafa, unha cantante e unha actriz, o seu obxectivo é crear eventos e espectáculos e promover artistas especializados en distintas áreas, desde a fotografía ao teatro, pasando pola música, a danza ou o deseño.

    Ademais, “A Solaina” contará coa actuación dos pallasos Fran Rei e Pedro Brandariz, pertencentes á compañía “Os 7 magníficos + 1”, que, co espectáculo “Dous pallasos en apuros”, lles renden homenaxe ás farsas clásicas destes mestres do humor, pero adaptándoas á Galicia do século XXI.

    Unha entrevista á actriz Nuncy Valcárcel, que lle dá vida a Claudia na serie “Matalobos”; e a actuación do grupo rock Trasnochando completan as propostas do programa para esta tarde.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: