CRTVG

Buscar

A estiba

A soidade do César

29/12/2019 23:00 h

Sofía non se dá por vencida e atopa en Cruz o novo punto feble de Manuela. Ten probas da vida de excesos que leva a pequena das Fortes, dabondo como para inhabilitala. Todo depende de Manuela. Ou ela, ou Cruz. E Manuela, en parte grazas á honestidade de Kubala, que a anima a facer o correcto, acaba decidindo presentar a súa dimisión.

No porto, Castor quere garantías de que Lionel vai cumprir o acordo: postos de traballo para os seus compañeiros, pero so obtén promesas co que dubida de que tomase a decisión correcta. César tampouco queda cos brazos cruzados. Sospeita que Lionel é moito máis que un empresario e decide investigalo coa axuda de Amalia, unha xornalista que descubrirá que Lionel non é trigo limpo.

Mentres tanto, na comisaría retoman a investigación da morte de Xavier que os leva ata a arma coa que Helena intentou matar a Antón. As preguntas son claras. En que estaba metido Antón? A que lle tiña medo Xavier? Pero o que ninguén imaxina é que Miguel, o crego, ten moito que contar. Para sorpresa das súas fillas, Mercedes está a descubrir que axudando os demais séntese mellor consigo mesma. Segue colaborando co proxecto solidario de Miguel e alí reencóntrase cunha muller á que prexudicara fai moitos anos: Sara. Mercedes proponse emendalos seus erros do pasado e xusto cando consegue que Sara a perdoe, esta desaparece en estrañas circunstancias.

Atopar capítulo por: