CRTVG

Buscar

Que casas!

A Serra do Courel, Miño, Carballo, Santiago de Compostela e Sandiás

29/06/2017 00:15 h

“Que Casas!” inicia unha nova andaina no mesmo centro da serra do Courel, que agocha a casa de Orlando, unha vivenda de lousa de construción tradicional que foi rehabilitada por el e que agora coida tan ben como fai coa montaña que a arrodea. A continuación, o programa viaxará ata o concello de Miño, onde o arquitecto coruñés Pablo García proxectou para a súa irmá unha casa de deseño contemporáneo con vistas á ría de Betanzos. Non moi lonxe, os espectadores poderán coñecer a Eva, que reformou co seu irmán a casa familiar, situada xusto fronte á praia de Razo, en Carballo.
En Santiago de Compostela, os reporteiros volverán ver unha cara coñecida do programa, a de Óscar Abadés, un deseñador de moda que mudou de casa e de barrio na capital galega, mais non ao seu gusto pola decoración. E para rematar, nun recuncho do concello ourensán de Sandiás, estará Pilar, que reformou unha vivenda familiar con métodos de bioconstrución, dun xeito absolutamente integrado coa súa contorna.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: