CRTVG

Buscar

No bico un cantar

A Santiago voy

05/02/2013

A canción “A Santiago voy”, que marcou un antes e un despois na historia da música pola repercusión que tivo en toda España, en Europa e en América.

 Os artífices deste éxito foron Los Tamara, considerados os inventores do pop en galego, xa que antes deles só as corais gravaran na nosa lingua. A formación naceu en Noia na Coresma de 1958 e fíxose enormemente popular, percorrendo o mundo enteiro durante os anos 60 e 70. Gravaron máis de 40 discos, compartiron escenario e estudio de gravación cos artistas de máis sona do momento, como Charles Aznavour, Edith Piaff e un novísimo Julio Iglesias, e fixeron versións de éxitos internacionais en varios idiomas e cancións en galego que permanecían semanas no número un das listas de éxitos.

 Hoxe, Los Tamara seguen a ser un referente da música galega e do pop español. E todo o mundo sabe cantaruxar “A Santiago voy”, unha canción da que hai feitas infinidade de versións, aínda que resulta difícil superar a calidade musical e o estilo inconfundible de Los Tamara.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: