CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A Revista FDS

11/07/2021 12:00 h

Índice de contidos

00:15 Presentación do programa.
03:06 Seis concellos galegos teñen xa a denominada inmunidade de rabaño, con máis do 70% da poboación vacinada. Están todos na provincia de Ourense.
04:34 Marchamos ata Baiona e unha vez alí retrocedemos ata o 1 de marzo de 1493, nesa data Martín Alonso Pinzón chegou ao porto da vila coa noticia do descubrimento de América. Chegaba a bordo da Pinta, hoxe imos subir a esa carabela.
13:14 Os fósiles de Nesher Ramla fálannos dun novo homínido prehistórico que viviu hai polo menos 130.000 anos, unha especie descoñecida que contradí as teorías sostidas ata este momento. Imos saber máis desta descuberta e do que pode supoñer con Ramón Fábregas, catedrático de Historia da USC, profesor de prehistoria
23:35 Neste 2021 cúmprense cen anos sen Emilia Pardo Bazán, que faleceu en 1921 na súa querida cidade de Madrid. Falamos xa da súa figura, do seu pensamento feminista, da súa rebeldía contra os canons da época, da súa obra. Pero nunca o fixemos como se contempla no libro que escribe e protagoniza o noso seguinte convidado. El é o escitor José Ángel Mañas e comparte nesas páxinas un día de conversa e de visita por ese Madrid coa propia Pardo Bazán.
35:53 En directo, dende a praza do Obradoiro, falamos con Nava Castro, directora de Turismo de Galicia , e cun grupo de instagrammers peregrinos.
45:03 Regresamos en directo a Baiona, nesta ocasión entramos no Castelo de Monterreal.
54:16 O Tempo, con Noelia Rodríguez
58:29 Adianto Informativo, con Irene Lourido.
01:00:43 O primeiro semestre deste 2021 déixanos unha caída histórica da natalidade, falamos dun nacemento menos ao día. Das causas e das consecuencias disto imos falar con Ruth Llano, médica do servizo de xinecoloxía e obstetricia do CHUAC. 
01:09:11 Volvemos á Baiona, ao castelo Monterreal, en directo.
01:13:04 O confinamento incrementou a violencia social? Somos máis violentos e menos transixentes? Ímolo falar con Milagros Martínez, vicepresidenta da sección de Psicoloxía Xurídica e Forense do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

 

 

Atopar capítulo por: