CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A Revista FDS

20/03/2021 12:00 h

Índice de contidos

00:02 Presentación dos contidos do programa
02:10 'Dígocho eu'
09:36 Imos prestarlle un pouco de atención á nosa saúde bucodental porque é moi importante que a coidemos para evitar moitas enfermidades.
14:11 Na asociación BIGA son expertos en saltóns e acaban de doarlle ao Centro de Investigacións Forestais de Lourizán 500 exemplares para que amplíen a súa colección
17:46 Terrible accidente onte á noite nas estradas galegas. Poucos minutos antes das dez, do toque de queda, dous vehículos batían á altura de Salceda de Caselas. O resultado da colisión foi brutal, tres mortos da mesma familia e un ferido grave.
20:05 Estamos nunha ponte festiva, comezando a fin de semana, con tempo solleiro, factores que animan a moitos a desprazarse. Estamos en directo na Illa de Arousa
24:32 Segundo os datos do INE, decembro e xaneiro foron os meses con menos nacementos en Galicia desde que hai datos, en 1941. Imos falalo con Diego Ramiro, director do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do CSIC.
35:26 Que horizonte albiscan as mulleres que pola incerteza da pandemia deciden pospoñer a decisión de ser nais? Falámolo Elkin Muñoz, vicepresidente segundo da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía
45:40 Estamos nunha ponte festiva, comezando a fin de semana, con tempo solleiro, factores que animan a moitos a desprazarse. Estamos en directo na Illa de Arousa
50:57 Pode este 2021 ser o ano no que volva o polbo galego ás nosas rías? Ímosllo preguntar a Carlos Sebastián Villasante, profesor de Economía Aplicada da USC
01:00:45 Xa o tivemos aquí falando do seu novo traballo discográfico, o terceiro en solitario, e hoxe Javi Maneiro preséntallo ao púlbico. Será nun formato adaptado á situación que vivimos. 'Palabras de un desconocido' darase a coñecer a través dun videoálbum que se emitirá nas redes sociais do Náutico de San Vicente.
01:02:24 Adianto Informativo, con Irene Lourido
01:06:25 O tempo, con Mabel Montes
01:08:58 Estamos nunha ponte festiva, comezando a fin de semana, con tempo solleiro, factores que animan a moitos a desprazarse. Estamos en directo na Illa de Arousa
01:14:07 Outro dos destinos máis atractivos sen saír de Galicia está nas illas Cíes. As navieiras sacaron hoxe á venda os billetes para viaxar a partir do 27 de marzo. Pero lembren que primeiro hai que tramitar a autorización na páxina da Xunta.
01:15:42 A apertura das Cíes é unha boa nova tamén para o sector do turismo náutico, que aquí en Galicia está experimentando unha repunta considerable grazas á pandemia
01:17:17 As praias son uns dos lugares onde se agardan máis visitantes durante estes días. Pero atención, porque tamén nos areais teremos que cumprir coas medidas de prevención polo que van estar regulados.  
01:18:55 Como afectou a pandemia os nosos hábitos de vida e que costumes mudaron despois dun ano? Un novo estudo feito en España analiza o impacto que o coronavirus provocou no estilo de vida da poboación.  
01:20:38 Turismo a curto e medio prazo. Como conseguir a recuperación do sector sendo estritos coas normas anticovid e pensando no Xacobeo. Está con nós o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

 

 

 

Atopar capítulo por: