CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A Revista FDS

18/10/2020 12:01 h

Índice de contidos

00:11 Presentación de contidos do programa
02:21 A ONCE e a Consellería de Educación colaboraron para elaborar protocolos especiais da prevención da covid-19 entre o alumnado invidente.
04:09 A día de hoxe, máis de 22.000 persoas superaron a enfermidade en Galicia, pero, despois de medio ano do inicio da pandemia, segue habendo moitas incertezas e desconcerto entre os profesionais sobre as secuelas que deixa o coronavirus. E para mostra, o testemuño dun dos primeiros pacientes ingresados en Galicia, que á vez é pneumólogo
05:59 O 85% dos infectados por coronavirus logran superalo grazas ás súas propias defensas
07:45 As máscaras para protexernos fronte a covid-19 e tamén as luvas forman xa parte da nosa vida cotiá. A maioría son de usar e tirar, pero ollo, porque moitas veces non acaban onde deben.
09:24 Castro Caldelas é unha das sedes do campionato do mundo de ultrarresistencia. Conectamos en directo.
14:18 Esta fin de semana non podiamos deixar de estar en Mondoñedo. Alí estanse celebrando as San Lucas, a feira máis antiga de Galicia
18:52 Como se afronta a perda dun fillo cando aínda non chegou a nacer? é a morte perinatal.A xornalista Luisa López viviuno co seu primeiro fillo
29:21 Imos ata Melide, onde son moitos os peregrinos que fan visita obrigada na pulpería Ezequiel, que pronto fai 60 anos de historia
33:04 Castro Caldelas é unha das sedes do campionato do mundo de ultrarresistencia. Conectamos en directo.
39:13 Esta fin de semana non podiamos deixar de estar en Mondoñedo. Alí estanse celebrando as San Lucas, a feira máis antiga de Galicia
45:21 Fai cen anos da publicación da revista 'Nós' e na Cidade da Cultura podemos ver 'Galicia, de Nós a nós', a exposición máis completa sobre este movemento. Falamos co seu comisario, Alfonso Vázquez-Monxardín
59:22 O uso do ascensor é, sen dúbida, un dos movementos que máis preocupa polo risco de contaxio do coronavirus
01:03:49 Recibimos a Ana Ulla, doutora en Astrofísica da Universidade de Vigo para falar dos buracos negros e do Universo
01:14:31 Esta fin de semana non podiamos deixar de estar en Mondoñedo. Alí estanse celebrando as San Lucas, a feira máis antiga de Galicia
01:21:44 Dígocho eu
01:23:36 O tempo, con Diego Viaño
01:27:26 Adianto Informativo con Chus Tanoira
01:29:30 Un trastorno da aprendizaxe, o máis coñecido e presente, é a dislexia. Hoxe queremos dar a coñecer o día a día destas nenas e nenos e o esforzo tan grande que fan para superar estas dificultades con Diana Gándara, vicepresidenta do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia
01:39:45 Despedida coa música de Antonio Luz. Estreamos o videoclip da canción 'Quimera' do seu próximo disco: '28 besos'.

 

 

Atopar capítulo por: