CRTVG

Buscar

A Revista

A revista

20/06/2022 12:30 h

Índice de contidos

00:00 Adiantamos os contidos de 'A revista' deste luns 20 de xuño
02:32 Falámoslles de altas capacidades. Un 15 % dos rapaces poden ter un desenvolvemento intelectual máis avanzado e moitos están sen diagnosticar. Miriam Fernández é psicóloga da Unidade de Altas Capacidades da USC, e Javier Ares, presidente de ASAC Galicia. Tamén coñecemos a Lucía Xiao, que acaba de gañar unha Olimpíada de Filosofía e nunca quixo facer as probas de altas capacidades
19:03 Poñemos o foco agora nas redes sociais. Nos 'influencers' e na forte pegada que deixan na sociedade. Pero actúan sempre todos dun xeito responsable? Para tratar de que así sexa, preséntase o Libro Blanco do Influencer. Conversamos con Manuel Rodríguez García, vicepresidente da asociación iCmedia Galicia e Alberto Ribas, 'influencer'
27:07 Tres mortos con arma de fogo en Madrid, así arrancamos a sección de sucesos. Tamén falamos de tres detidos na operación Esmorga e o comiso de 420 litros de alcol de garrafón en Vedra
39:20 O prezo dos combustibles achégase aos 2,5 euros litro e non ten ansias de parar
43:25 Adiántanse as rebaixas ao xoves e xa comezan os descontos nalgúns comercios
45:57 Especial noite de San Xoán na TVG. Falamos coa presentadora do especial, Noelia Rey
55:16 Récord absoluto en O son do Camiño
56:33 Noelia adiántanos a información do tempo
58:35 Rematamos coa música de Alejandro Sanz, que o xoves estará no Coliseum da Coruña

Atopar capítulo por: