CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

10/02/2022 12:35 h

Índice de contidos

00:00 Declaran os peritos no xuízo da morte da pequena Desirée, é o asunto de portada, xunto a estoutros: a Cruz Vermella de Ourense busca familias de acollida, a FP comeza a coller prestixio, buscamos a solución aos ronquidos, conectamos co acto onde se coñecen os candidatos aos Mestre Mateo
04:19 Cruz Vermella de Ourense busca familias de acollida sobre todo para bebés e grupos de irmáns. Falamos coa psicóloga Sonia López e escoitamos a historia de Patricia e Víctor, unha familia de acollida
12:20 Case o 90 % dos alumnos que estudan FP atopan traballo nada máis rematar os seus estudos. Falamos con Víctor Lourido, o director do IES San Clemente e con Marta Vázquez, directora do CIFP A Carballeira de Ourense. Tamén escoitamos a experiencia de dous estudantes, Santiago Andrade e Lucía Serrano
23:42 Coñecemos algúns dos candidatos aos Mestre Mateo 2022
38:49 Buscamos explicación aos ronquidos. Coñecemos distintas técnicas para desfacernos deles co doutor Miguel Grandío e escoitamos a historia dun matrimonio, Eduardo e Junda. El ronca e ela? non quedou moi claro
50:33 Cuarta sesión do xuízo pola morte da pequena Desirée. Declaran os peritos que aseguraron a nai da nena non tentou suicidarse
52:44 Sorprendente o que viviron os axentes da Garda Civil de Tráfico cando estaban realizando un control de verificación de mercadorías e vehículos no concello coruñés de Tordoia
53:38 O principal acceso á cidade de Ourense está en obras e rexistráronse importantes atascos
54:38 O estadio de Riazor acolleu onte un partido de xuvenís, con vinte mil espectadores nas bancadas
57:42 Despedimos coa emoción de Eshter Estévez, candidata a dous Mestres Mateo e o videoclip 'Figa' de Tanxugueiras, que tamén opta a un premio
 

Atopar capítulo por: