CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

17/06/2020 11:55 h

Índice de contidos

00:07 Comezamos 'A revista' deste mércores 17 de xullo adiantando os temas do programa: coñecemento e coidado coas velutinas e problemas do sono. En directo estaremos nunha tenda de colchóns e retirando un niño de velutina
05:29 Regresan nalgúns concellos as xornadas de campamentos diarios para conciliar, e tamén estamos, en directo, nunha praza de abastos para comprobar o prezo das sardiñas
13:05 Propostas culturais cos compañeiros do 'ZigZag'
20:12 Unicef presenta 'Contaxio', un conto audiovisual sobre as emocións da pandemia. Acompañounos a súa coordinadora en Galicia, Irene Marín, coordinadora de Unicef Galicia, e Lucía Regueiro, embaixadora de Unicef Galicia
28:17 O mási visto nas redes sociais da TVG, con Alba Mancebo, do departamento de Extensión Audiovisual
37:58 'Dígocho eu': non digas 'bueno'
39:28 Problemas co sono. Buscamos solucións coa psicóloga Libertad Culebras e a neurofisióloga Vanesa Mugico. Tamén fomos a unha tenda de colchóns en buscan dun que nos permita conciliar o sono
57:53 Información de 'O agro'
01:05:40 Laretamos sobre as bandas do Perú que toman a xustiza pola man e castigan a lategazos os que cometen delitos
01:08:17 Fotos d@s revisteir@s
01:10:43 As velutinas xa espertaron. Coñecemos o animal, os seus niños e aprendemos a cazalas e a protexernos se nos atacan. Consellos dun membro de Protección Civil, Lolo Andrade, e da coordinadora de emerxencias do 06,1 Montserrat García. En directo vimos como retiraban un niño en Cambre
01:31:35 Información do tempo
01:34:22 Despedimos 'A revista' deste mércores 17 de xuño
 

Atopar capítulo por: