CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

12/06/2020 11:55 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste venres 12 de xuño adiantando os contidos do programa: as máscaras correctas para protexernos, o Corpus deste 2020 e os furanchos. Conectamos en directo con Ponteareas e cun furancho en Vilaboa
07:31 Os balnearios reabren só hoteis e restaurantes, a parte de augas termais ten que esperar
09:29 Propostas culturais cos compañeiros do 'ZigZag'
18:10 No 'Dígocho eu' non nos deixan ir de 'cañas', pero si de cervexas
20:16 Corpus 2020 diferente. Con alfombras florais nos balcóns e escaparates. Coñecemos o sentimento de representantes de Ponteareas, Redondela e Ares. Vemos as alfombras florais dunha residencia de maiores e visitamos Ponteareas en directo
48:07 Tempo para coidar as nosas hortas, con Carmen Freire. Aprendemos a facer semilleiros de cabaciñas e feixóns para poder plantar a mediados de xullo
56:25 As máscaras correctas para ir protexidos e protexer os que nos rodean. Coidado con fixarse só no deseño. Alternativas que nos trouxo o farmacéutico Abel Eiras
01:06:43 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
01:09:18 Os furanchos, a súa historia e esencia. Visitounos o presidente da federación provincail de furanchos, José Luís Videira e o responsable da páxina defuranchos.com, Fernando Portomeñe. En directo comprobamos como un reporteiro desescalaba nun furancho e facemos un repaso pola historia destes locais
01:26:26 Última hora: rebenta un depósito de auga en San Vicente do Mar, O Grove, e causa importantes estragos materiais
01:27:26 Octavio Villazala veu acompañado duns cans bebés. A un deles deulle o biberón en directo. Tamén trouxo unha cadela para adoptar. Ampliamos tamén a última hora
01:36:18 Información do tempo, con Mabel Montes
01:39:11 Rematamos lembrando a última hora do depósito de auga que rebentou no Grove e que deixa importantes danos materiais
 

Atopar capítulo por: