CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

21/05/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste xoves 21 de maio. Día da Ascensión, festivo local en Santiago coas rúas case baleiras. Adiantamos os contidos da mañá: aumento e uso responsable das novas tecnoloxías, situación complicada das axencias de viaxes, temas de consumo, visita ao Museo de Belas Artes da Coruña e revistas do corazón
02:55 Algúns reporteiros adiantan tamén os contidos que desenvolverán esta mañá: lembramos desde Vigo a obrigatoriedade do uso das máscaras e fomento do turismo rural
09:14 Este xoves abriu o Museo de Belas Artes de Coruña e Manuel Mosquera axudounos a pasear por unha das súas salas
19:15 Autocine, unha das alternativas para os vindeiros meses, e con películas galegas
27:51 Lembramos que é obrigatorio o uso de máscaras e como debemos poñelas e usalas
29:39 Comprobamos por Vigo como leva a xente ter que levar máscaras ao saír pasear ou mercar
37:05 Paradóxica situación entre Padrón e Pontecesures, separados por unha ponte e unha pandemia
42:29 Aumentou o uso das novas tecnoloxías, reforzouse o servizo e temos que prestar moita atención aos calotes e virus pola Rede. Contóunolo Ramón Rodríguez, asesor de telecomunicacións
53:48 'Dígocho eu': estadística ou estatística?
54:37 Explícannos como serán os futuros autocines que se montarán en vilas e lugares do rural estreando películas galegas e tamén de fóra
01:01:39 As axencias de viaxes seguen arranxando cancelacións e adiamentos de viaxes. Polo de agora, poucos se arriscan a contratar de cara ao verán. Contóunolo Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes
01:12:29 O turismo rural está de auxe e xa comezaron a chegar reservas as casas de turismo rural
01:18:47 As revistas do corazón
01:28:37 Laretamos sobre as imaxes que nos chegan de Wuhan, onde xa empezan a recuperar costumes como o de xuntarse para bailar ao pé do río chegada a tardiña
01:31:16 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
01:33:12 Buscamos a opinión dos veciños de Padrón e Pontecesures que están separados só por unha ponte, comparten servizos e non poden empregalos porque pertencen a provincias diferentes
01:37:21 Sección de consumo con Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia: dereitos das rebaixas, suba de prezos de produtos desinfectantes e máscaras; facilitar as máscaras a xente, xa que se fan obrigatorias, e protocolo igualitario nos supermercados
01:50:42 'Digocho eu': aprendemos a pronunciar o 'x'
01:52:30 Temos que adaptarnos ás máscaras os adultos e tamén a cativada. As pautas comentámolas coa psicóloga educativa, Libertad Culebras
01:59:49 Información do tempo, con Mabel Montes
02:02:34 Despedida co novo traballo e MJ Pérez
 

Atopar capítulo por: