CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

19/05/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:02 Comezamos 'A revista' deste martes 19 de maio adiantando contidos dos que daremos que falar: máscaras con encaixe de Camariñas, tamén infantís, rap do coronavirus e primeira infectada do coronavirus na zona de Ordes, e tamén falaremos sobre o pemento de Herbón
02:42 Tempo de 'O agro'
08:37 Propostas culturais con María Solar
20:15 Vídeo mandando amor e agarimo do persoal educativo do CEIP Figueroa da Estrada
23:35 Unha empresa de Vigo patenta un felpudo desinfectante
31:59 Rap contra o coronavirus coa letra que compuxo unha pequena de 7 anos de Ordes. Letra sentida porque súa nai, coa que conversamos tamén, superou a COVID-19
43:55 Os gatos seguen facéndonos compañía e son protagonistas das redes sociais
44:18 Un deseñador galego que vive en Marbella está a confeccionar máscaras con encaixe de Camariñas. Falamos con Esteban Freiría
52:28 Máscaras infantís, solidarias e para manter en pé a empresa e os artesáns da zona de Vigo. Conectamos con Sonia López Mera
01:00:41 Sementando galego co grupo Xanzá de Sarria
01:03:57 'Mataría', de Pedro Brandariz, coa picaresca dos que non respectan as distancias de seguridade
01:07:07 Coñecemos a situación en Dinamarca da man dun galega de Viveiro, Nuria Feo
01:19:22 Residencia DomusVi Santiago, agradecemento dos residentes e persoal
01:21:45 O tempo solleiro convida a achegarse ata os areais, pero só poden pasear por eles os veciños do propio concello ou que teñan segunda residencia e durman nela
01:28:18 Música da Escola de Música de Ortigueira
01:30:33 As pementeiras de Herbón seguen coidando das plantas e recollendo os primeiros pementos. Confían en sacar toda a produción
01:39:31 A máscara será obrigatoria sempre que non se poidan asegurar as distancias de seguridade. Tenteamos o ambiente na rúa
01:45:35 As temperaturas seguen subindo. En Ourense poderíase acadar hoxe a temperatura máxima de España
01:51:59 Fotos d@s revisteir@s
01:54:19 Laretamos sobre os bonecos inchables con mensaxes sexuais que puxeron nun estadio de fútbol de Corea
01:59:03 Información do tempo, con Noelia Rodríguez
02:02:24 Despedimos 'A revista' deste martes 19 de maio
 

Atopar capítulo por: