CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

30/03/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste luns 30 de marzo adiantando a nova programación da TVG para estes días de illamento. Contóunolo a responsable de contidos de programas, Montse Besada
07:24 Propostas culturais na Rede que busca María Solar desde a súa casa, con teletraballo. Aproveitamos para falar con Susana Seivane, que sae ao balcón a diario para tocar a gaita e animar a veciñanza
16:25 Vídeos que nos mandan os revisteir@s: Julián dános alternativas para facer ximnasia na casa; moito coidado co material co que se fan as máscaras; as fillas de Bibi dedícanse a bailar a muiñeira; os fillos de Tamara ensaian un baile; Silvia felicita o seu afillado, que está de aniversario, e música para amenizar o confinamento
25:58 Brígida, de Xearte Brigitte, ten o negocio pechado e a caseira deicidiu non cobrarlle o alugueiro
31:10 Conferencia de prensa coa última hora da pandemia do COVID-19
57:18 En Suíza, un hotel de luxo ofrece servizos por todo o alto para pasar o confinamento
58:48 Exercicios para pasar o illamento e poñerse en forma. Axúdanos Tamara Barreiro
01:08:28 Falamos con Xosé Manuel Durán, presidente da asociación de veciños Raigame, Santiago. Pide solidariedade cos alugueiros e co pequeno comercio
01:13:14 Comprobamos se nas tendas pequenas de alimentación están ben servidos de produtos
01:15:45 A partir de hoxe non se pode velar as persoas falecidas e só 3 acompañantes poden acudir ao enterro
01:21:15 'Todo saldrá bien', canción de Jose Horta e Samuel de Arbol, tradución a lingua de signos de Tania Álvarez
01:23:39 Laretamos sobre o vídeo en que Santiago Segura nos explica o que vai pasar despois do coronavirus; vemos o vídeo duns cativos poñendo a mesa e tirando cun moble, e imaxes dun home no rural bailando cun carneiro ao lombo
01:26:59 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
01:28:39 Octavio Villazala explícanos como adestrar un can e como limparlle as patas despois de saír de paseo
01:38:33 Falamos con José Manuel, un noiés que traballa en Londres no sector da hostalería e que estes días está confinado
01:42:45 Última hora desde a redacción de informativos
01:45:18 Sección xudicial con Tania Taboada, xornalista de 'La Voz de Galicia', e Alejandro Vega, avogado penalista: penas e multas por desautorizar as forzas de seguridade. Clausuran un local de hostalería en Ferrol que seguía aberto; prohibido saír facer exercicio; respectar a corentena se dámos positivo e a situación das residencias de maiores
01:58:18 Diego Viaño tráenos vento e frío para estes días de illamento
02:01:17 Despedimos 'A revista' deste 30 de marzo cun gran sorriso para animar o illamento

Atopar capítulo por: