CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

24/03/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste martes 24 de febreiro co tempo do agro
07:10 Propostas culturais con María Solar
16:35 Falamos con Manuel Sánchez, da Federación Autónomos Taxis de Galicia, que nos conta as necesidades que teñn no sector
21:27 Los Jinetes del Trópico buscan vídeos para crear un videoclip sobre o coronavirus
23:10 Música dos Zanfoñeir@s afeccionad@s de Galicia, que continúan coas súas clases virtuais
25:07 José Antonio Peña mandounos un vídeo ensinándonos como plantar sementes. Clases de 'hortamanía'
27:44 Consellos para desinfectar a froita que nos dan desde unha froitaría
30:55 Desde o Banco de Alimentos fan un chamamento para que aquelas persoas que queiran doar alimentos o fagan a través de Cáritas, Cruz Vermella ou mesmo Protección Civil
36:40 Vídeo que nos mandan desde Vilalba, dedicado aos maiores que viven preto de Raquel Anido
38:19 Conferencia de prensa actualizando os datos da pandemia do coronavirus
01:03:48 Visitamos en directo unha praza de abastos para comprobar como van as vendas. Tamén contamos as medidas que están a tomar os transportes públicos
01:10:47 Michael Carro ponnos en forma con exercicios propios para o illamento
01:19:42 O grupo Xiada amenízanos o confinamento con música desde a casa
01:22:08 A Brilat vixía estes días as nosas rúas para que respectemos o illamento e axudan tamén os colectivos máis desfavorecidos
01:24:50 Falamos cun revisteiro que traballo en Xénova, Italia. Miguel Casal cóntanos o seu illamento fóra da terra
01:30:14 En directo desde unha residencia de maiores en Celanova repasamos a situación deste colectivo en Galicia
01:33:23 Laretamos sobre o conxuro contra o coronavirus dunhas mulleres que apañan na herba
01:34:43 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
01:36:15 Última hora desde a redacción de informativos, con Mon Santiso
01:39:15 A nosa psicóloga colaboradora, Libertad Culebras, dános pautas para levar mellor o illamento. Tamén falamos con Ramón Alonso Fernández, presidente da Federación Galega de Transportes
02:00:48 Falamos con Belén Abal, desde Estrasburgo, onde están confinados. Denuncia que non se están cumprindo as normas de seguridade
02:04:08 Noelia Rodríguez segue traéndonos sol para os vindeiros días
02:06:22 Despedimos 'A revista' deste martes 24 de marzo
 
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: