CRTVG

Buscar

A Revista

A Revista

23/03/2020 11:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste luns 23 de marzo achegando propostas culturais a través das redes sociais. Tráenolas María Solar
10:06 Vídeos que nos mandan @s revisteir@s. O que se lles ben á cabeza nestes días de illamento
17:37 Explicamos como debemos quitar os guantes
20:27 Música e imaxes que amosan a situación de baleiro que están a vivir as rúas de toda España
24:22 Conferencia de prensa para informar sobre a situación actual do COVID-19
53:57 Conectamos cos reporteiros de directos: estamos en directo en Ferrol e Santiago, onde se están a facer tests de coronavirus para casos leves; analizamos a situación nos supermercados, coñecemos unha iniciativa solidaria na Coruña, onde poñen camas á disposición da xente sen fogar; contamos as medidas que se tomaron nas funerarias e vemos como está a situación en Madrid
01:09:28 Minutos de ximnasia, exercicios para facer na casa
01:19:38 Conectamos coa redacción do 'Galicia noticias', que nos contan o que están preparando para o programa desta noite
01:24:20 Falamos con José Manuel Busto, un gandeiro de Mazaricos que nos conta como están vivindo esta situación. Ten 900 vacas e da súa granxa saen a diario 15.000 litros de leite. Teñen falta de máscaras e produtos desinfectantes
01:29:59 Falamos cun galego que vive en Gante, Bélxica: Faustino Manso, doutor en Ciencias do Mar
01:33:27 Laretamos sobre o xeito que teñen algúns de subir o pan ás súas casas e tamén nos dan consellos de desinfección cando falta o alcol e outros produtos
01:35:59 Fotos que nos mandan @s revisteir@s
01:37:23 Falamos con Octavio Villazala, que nos explica que os animais de compañía non transmiten o coronavirus. Tamén nos dá pautas para sacar a facer as súas necesidades os cans
01:46:43 Desde a redacción de informativos, Mon Santiso cóntanos a última hora da pandemia sanitaria do COVID-19
01:49:37 Con Evaristo Nogueira, avogado penalista, e Tania Taboada, xornalista de 'La Voz de Galicia', analizamos as medidas para loitar contra a violencia de xénero, resolvemos dúbidas sobre as custodias compartidas, repasamos as multas por incumprir o estado de alarma e por difundir contos e novas falsas por Internet
02:03:38 Noelia Rodríguez cóntanos a información do tempo
02:05:12 Despedimos 'A revista' deste luns 23 de marzo convidando a un sorriso
 
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: